fotografía, montañas, nubes, poesía, pegadas, flores, músicas, cumios, pinturas, ventisca, refuxios, fayas, neve, lume, ensaio, imaxes, natureza, morriñas, verbas, encrucilladas, viaxes, moitas folerpas e algún que outro recendo a sal iodado.


Pinturas de Li Chevalier e textos de Fernando G. Montiel.


domingo, 4 de septiembre de 2011

Frutos. Futuros


Frutos. Futuros.
Las ramas vencidas del manzano añejo
y el suelo salpicado de rojos frutos.
Futuros excesivos
que cercenan por gravedad
tantos livianos ahoras.

Plus ultra.


Plus ultra.
A occidente de Occidente
viajaron nuestros muertos
en inversas barcas de piedra
sorteando temporales y atlánticos monstruos.
Vuestros muelles antiguos:
Dombate, Axeitos, Iroite...

Es fuera de sí.


Es fuera de sí.
Existe.
Pez secular
a merced de las corrientes.
Fluctuante y abisal.
Noli me tangere.

Toda tú fuiste bosque.



Toda tú fuiste bosque
y de tus pájaros vespertinos
nos quedaron
los rayos últimos que la fronda filtra
y que aún nos iluminan
las jornadas deforestadas.
Resistencia.

lunes, 4 de abril de 2011

A orquestra da auga.




            A orquestra da auga.

           Chovía como sempre chove nos contos destas terras. En realidade, para dicilo todo, nos contos e tamén nos descontos. Aquel día non demasiado pero ben lle chegaba xa. Orballaba ou poallaba máis ben. E era porque chovía tanto polo que o bosque era tan bonito. Había carballos baixiños e piñeiros altos polos que bulían paxaros, esquíos e outros animais áxiles e miúdos.

         Lur asomou a cabeza do niño e lucíu o seu brilante peteiro laranxa. Mur detivo a súa carreira polas follas caídas e a ramallada e saudou ao paxaro que vira empoleirado alá enrriba. Moi perto dese lugar, na mesma árbore, víu tamén parada a Pescola, que levaba toda a mañá choutando de póla en póla coma unha tola. Ou coma unha malabarista. Ou coma Tarzán na selva africana. Foi o momento no que os tres bechos cruzaron de vez as súas olladas. E saudáronse coma decote.

           Pero !que maleducados!, xa levamos case que unha ducia de liñas e aínda non presentamos aos nosos amigos. Por iso antes de seguir diremos que Lur era un merlo fervelleocú, Mur un rato de finos bigotes e aínda máis finas maneiras e Pescola un esquío femia a quen lle encantaba rillar nas noces e nas avelás. Rillar nos froitos secos, correr polas árbores e tocar o tambor cos seus amigos Lur e Mur eran as tres cousas que máis lle gustaban no mundo. Se lle fixéramos a xogada de ter que escoller entre unha das tres actividades seguro que tería unha máis que complicada elección.

        Por un intre cesou a chuvia.

        - Ola Lur, ola Mur, seica temos xa ás portas o inverno. Notánse cada vez os días máis curtos.- iniciou a conversa Pescola coas observacións meteorolóxicas coas que se adoitan comezar as conversas serias-.
        - Pois si, e xa vexo que levas contigo o tambor, se che parece achégome ao niño e traio a miña gaita para celebrar tan ledo acontecemento. - replicou o merlo Lur sen parar de dar curtos e continuos pinchos polo chan inzado de follas secas. Sempre atopaba algunha boa excusa para sacar o seu instrumento e tocar acompañado dos seus amigos. Ou porque era noite, ou porque locía o sol, ou porque chovía ou porque deixaba de chover, ou porque disfrutaba da calma da soidade ou porque disfrutaba da compaña da amizade...; sempre había algo que celebrar e para Lur a música era, sen dúbida , o xeito máis efectivo de mellorar calquera momento ou ocasión.

        - Queridos amigos e ao mesmo tempo colegas musicais– sentenciou Mur co seu ton un pouco relambido e formal pero que os amigos sempre consideraron como unha mostra da súa consideración e respecto. Mur era un rato moi educado e notábaselle de lonxe. - Pois eu non vou ser menos ; baixo nun intre á cova e traio o meu acordeón. Seica ten un par de teclas que precisarían afinación pero aínda nesas condicións non óptimas algo daremos feito.
         !Que ben falaba Mur!. !E como lles gustaba aos seus compañeiros o xeito de fíar palabras e frases que tiña o culto rato!.
         E , coma decote, en cinco minutos estaba xa a festa rachada montada. E, tamén coma decote, íanse achegando un a un ou en grupos dende os recunchos máis agochados do bosque moitos outros animais a participar nela: o grilo frautista, o saltón trompetista, o paporroibo violinista, sen esquecernos do moucho tenor ou do ourizo cacho e a súa percusión. E os que carecían de calidades coma intérpretes bailaban ou aturuxaban ao son, porque non había becho no bosque que se quixera perder ocasión tal para pasalo ben cos amigos.

         Canta vida, canta música e canta alegría había no seu mundo húmido e vexetal sen que eles se decataran. Por que ¿que farían un merlo, un rato e un esquío nunha paisaxe seca e queimada polo sol?, ¿canto tardarían en morrer de sede e de saudade?. Unha lagartixa veciña flaláralles dun parente lonxano que vivía no deserto. Ben era certo que alí, dixéralles, as dunas de area en movemento facían tamén música e que os animais nesas partes, acompañados polo vento, formaban unha xeitosas orquestras do sol . Pero o vento, comentáralle un pouco frustrada a lagartixa, nunca acougaba moito tempo no mesmo sitio. Seica o seu natural era ir sempre dun a outro lugar e non tardaba en liscar. !Mágoa!

          Pola contra, das festas da fraga ninguén quería marchar nunca. Roedores, insectos, paxaros, anfibios e bicharada variada; todos estaban a gusto chapuzando nas charcas e xogando a sortear os pequenos regatos que discorrían entre os carballos baixiños e os piñeiros altos durante os meses das chuvias. Porque a vida quere auga era polo que no seu bosque había tanta vida. E a vida para Lur, Mur e Pescola era auga e música leda. Os ruxe-ruxes do bosque contaban que foi Lur nun arranque de lucidez e orixinalidade a quen se lle ocurrra poñerlle o nome ao grupo de “Orquestra da auga” polo que eran coñecidos en toda a contorna.
                   - !Veña Orquestra da auga, que non decaia!- berraba Pescola facendo un dífícil e virtuoso rebobre de tambor.

      - !Tirulirulí, tirulirulá!- Confirmaba Lur movendo os dedos cunha axilidade prodixiosa sobre o punteiro da súa gaita.
      - !Nianonano, ninonina, nananí!. - Era a melodía que tocaba Mur coa pata dereita marcando un sol nos baixos coa esquerda.
             E veña a bailar e a cantar todos os demais. E así ata o esgotamento ou ata o solpor, que case sempre adoitaban chegar xuntos.

            -Amigos, compañeiros, colegas, e estimado público presente: xa declina o astro rei e lamento comunicarvos que se está a achegar o penoso momento da despedida – anunciou Mur con esa retórica de seu que tanto engaiolaba- . É unha mágoa pero a noite chega e urxe que nos retiremos aos nosos niños, covas, buratos nas árbores ou refuxios e fogares varios propios de cadaquén ata o vindeiro serán, que agardemos próximo.

          E así fixeron todos e así remata o noso conto. Iste é un conto breve porque só relata unha vez o que ocorría moitos días naqueles lares. A orquestra da auga tiña abundantes e sempre exitosas actuacións. E a de hoxe non fora menos.

          Mentres o grupo se espallaba polo bosque comezaron a caer de novo as primeiras pingas. Lur protexeu a gaita baixo as súas ás ao tempo que voaba coma un lóstrego para o seu niño buscando acubillo. Mur correu tamén cara a súa cova para non mollar os bigotes e máis a “caixa da festa” que levaba nas mans - tal era o nome co que todos os animais identificaban o seu acordeón-.

          Pola súa banda, e de camiño para a súa casa-árbore, Pescola parou por un intre a rillar nunha landra que acababa de atopar . !Que bonita soaba esa fermosa melodía de harpa coa que a chuvia lle amenizou o se coar polas cordas dos arumes do piñeiro!.

            Mentres se metía co tambor no seu burato pensou que despois de todo aquela era unha boa casa. Unha vizosa, concurrida e musical casa vexetal.

            E a noite fíxose, tamén coma decote, no fermoso bosque atlántico.

domingo, 3 de abril de 2011

jueves, 24 de marzo de 2011

Si fueras paloma.




Si fueras paloma
volarías rauda hacia el este
para regresar impregnada
en sus colores.
Pero eres sólo humo y sólo subes
y tu meta es sólo el cielo;
monocromo.

jueves, 10 de marzo de 2011

Cruzando la laguna.



Cruzando la laguna
despedimos nostálgicos los palacios de Venecia
y se nos pierde en Monxoi la Berenguela
entre los tejados vegetados de Compostela.
Cambiamos sueños pétreos por pétreas pesadillas
y ponemos hoy rumbo hacia el mundo.
Son el drama y el poema repetidos.

Y son los pueblos de Haití.
Y son las calles de Ramala o Ciudad Juárez.
Y son las Cidades de Deus de Río.
Y son las frágiles pateras
que cruzan el Estrecho
en busca del Far West
del lejano norte.
Y son los paisajes y paisanajes sojuzgados
por la divina cruz o la luna divina,
aquí o allá, entonces y ahora,
Es cualquier rincón del planeta
donde cohabitemos dos humanos,
donde se interprete la eterna tragedia
del siervo y el señor.
Y es la infinita injusticia
de los dioses de nuestra especie,
que, un día sí y otro también,
jugamos a expulsar del paraíso
a la mayoría de nuestros congéneres
para que éste nos exista.
Y es su infinito cansancio,
su infinita impotencia
y su rabia infinita.

lunes, 14 de febrero de 2011

ASHES AND SNOW. Gregory Colbert. Nomadic Museum.

http://www.ashesandsnow.org/

Cinzas e neve. Ou dos territorios da harmonía.
Haikus visuais. Cartas. Fotografías. Exposición itinerante...

"If you come to me at this moment
your minutes will became hours,
your hours will became days,
and your days will became
a lifetime".

No es cierto que los cipreses.




No es cierto que los cipreses,
esas plegarias tan místicas, tan castellanas,
eleven sólo sus hojas y sus ojos,
ávidos, siempre hacia la altura.
Mirando más allá del mito
descubrimos su manifiesta vocación
de horizonte y de peregrino.
Por la senda blanca
que se tuerce y desvía
también caminan y
recorren las ciudades de los hombres.
Contraste de ejes.
Hay tránsito hacia arriba
pero también hacia adelante.

martes, 8 de febrero de 2011

Our Town. Iris Dement.


"Go on and say goodbye to our town, to our town.
Can´t you see the sun´s getting down on our town, on our town.
Goodnight."

Boas noites, Cicely.

Desde la niebla o hacia la niebla.


Desde la niebla o hacia la niebla.
No hay siquiera una tenue brisa
que altere las formas.
El mar y la costa calmos,
pasado ya el temporal.
Pero el paisaje es la mirada
y en él el observador.
En la niebla.

Xaneiro en Panderrueda

E a montaña é tamén o mundo da neve. Esa branca postal dun territorio cada vez menos indómito e por iso cada vez máis fráxil. Hai que liscar das estacións e buscar os seus infinitos recunchos aínda intactos. E alí, mergullado no seu silenzo branco é difícil fuxir da londoniana chamada do salvaxe que se sinte percorrendo os seus espazos coa ollada ou cos pés. A neve ten un poder sedante e embriagador ao que penso que poucos poden sustraerse; polo menos eu non souben nin quixen. Cando cae son flores e cando se deita é sereno e cándido manto que case que temes transgredir. É o signo da pausa, da calma, un síntoma do inverno, que ralentiza a vida, que xea o tempo nunha caste de fotografía predixital e o transforma en algo máis demorado, intenso e vívido.

Lembro hai uns anos, en Picos de Europa, con especial nitidez unha solitaria excursión con raquetas dende o porto de Panderruedas saindo das fayas cara ao cordal de Frañana por Peña Cebolleda e o Gildar nunha xeada e transparente mañá de xaneiro. O ceo limpo fería os ollos de azul e un tupido e denso manto branco cubría todo o que alcanzaba a ollada despois duns días de fortes nevaradas. A vista abranguía o Macizo Central dende o sur co imponente Friero , o val de Valdeón, a Bermeja cara a occidente e a parte alta do desfiladeiro do Cares ao lonxe separando o Cornión dos Urielles. O día era fermoso e camiñaba gozando dunha emoción e plenitude indescriptibles. Montañeiras e invernais emocións irrepetibles que nos pasean, en ocasións sinaladas, pola beira soleada da vida.






viernes, 4 de febrero de 2011

Caeron



Caeron
sangue e crisantemos
tras a noite dos vidros escachados.
Caeron
e non houbo daquela mans
nin piedade.
Os seus restos ciscados
están a cubrir aínda hoxe
a rúa da catástrofe non branca.
Caeron.
Caen.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Biblioburro. Luis Soriano, Alfa e Beto.

¿De dónde aquel humo lejano?.



¿De dónde aquel humo lejano?
¿Dónde ahora aquel hogar,
la llama crepitante,
el hechizo y la calma,
el aroma de manzanas?
Y en el horizonte el envés del invierno
y sus presencias protectoras
de algodón y almohada.

martes, 1 de febrero de 2011

Esperas.



            Esperas,
bambú elegante y esbelto,
a la orilla del río,
- el Tajo, el Yangtsé -.
sus frutos, tu alimento no ingerible,
Doménikos Theotokópoulos
anoréxico y espiritual.
Y la arena sigue terca
el imperio de la gravedad,
siete horas, siete siglos.
¿Pican?.

Hacia el orto o el ocaso. Pintura: Li Chevalier. Texto: Fernando G. Montiel

Hacia el orto o el ocaso ,
impacto o roce,
caminos que se cruzan y dividen,
que confluyen y se disipan
en el peregrinaje.
Pero calma, cansado Sísifo,
en la pausa más inesperada
beberemos té o champán
y forjaremos una nueva identidad
débil, bífida, sutil, siempre dos
y siempre una.

La mujer siempre.

La mujer siempre
sin rostro,
en Carnota o Beijing.
La misma resistencia
y el mismo cansancio.
No hay tampoco distingos.
Limpiar los años y la cocina
y barrer fuera
el polvo del tiempo.
Al invierno
y al viento.